domingo, 29 de enero de 2023

VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS

 

O 27 de xaneiro visitamos a biblioteca Neira Vilas onde aprendimos un montón sobre “Astronomía”. 

Amosáronnos moitos libros, descubrimos historias e anécdotas que non sabiamos e aprendimos a utilizar un planisferio. Cada un de nós construimos o noso, con el poderemos observar as constelacións cando  queramos.











 IMOS Ó TEATRO

O pasado 19 de xaneiro, os alumnos de 5º EP, xunto con outros compañeiros de primaria, foron ao Teatro dos Salesianos para desfrutar da obra "Treasure Island" representada en inglés por dúas actrices que interpretaban a tódolos perxonaxes.

Ao final da obra tiveron un coloquio coas artistas onde puideron preguntarlles o que quixeron. Voltaron cun agasallo moi especial: as sinaturas das dúas actrices!!

Foi unha actividade super divertida...Que ben o pasaron!






miércoles, 9 de noviembre de 2022

VISITAMOS O CENTRO ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

Na visita realizada puidemos coñecer o "Laxe dos Carballos", un dos petroglifos máis fermoso de Campo Lameiro onde, sobre unha rocha natural, os nosos antepasados gravaron esceas de caza, laberintos, armas e outras imaxes.

Tamén fixemos unha parada no  poboado da Idade de Bronce. Trátase dunha recreación de gran calidade con varias cabanas, estruturas de almacenamento e cercado para os animais. Todo construído cos mesmos materiais que empregaban os nosos antepasados. 

Por último, modelamos con arcilla uns  tarriños e os decoramos utilizando diversos materiais reciclados.







O ESTUDO DA FORMACIÓN DO MOFO DO PAN

 OBXECTIVO : estudo de  descompoñedores de alimentos

Como parte do estudo dos seres vivos, un alumno de 5º xunto coa orientadora cultivaron un mofo e todos os compañeiros foron seguindo o  proceso:

Humedeceuse unha rebanada de pan sen empapala e se puxo dentro dun recipiente transparente sen tapar.

 Ao seguinte día o tapárono e, a diario, foron comprobando como se formaba o mofo.

Unha vez trancorridos os 10 días, fíxose a observación coa lupa binocular e co microscopio:

    Coa lupa binocular: colleuse unha parte do cultivo e viron que o fungo estaba formado por uns filamentos chamado hifas e cuxo conxunto forma o micelio. As hifas máis vellas presentan nos seus extremos unhas boliñas negras, que son os aparatos reprodutores, chamados exporanxios en cuxo interior atopanse as esporas. 

    Co microscopio:tomouse, cunhas pinzas, unha pequena parte do micelio, cubriuse cunha gota de auga e observouse as hifas a modo de pequenos tubos, sen tabiques de separación e con numerosos núcleos esparcidos no citoplasma común. No extremo dalgunhas hifas aparece un engrosamento en cuxo interior atópanse as esporas.

CONCLUSIÓNS: o pan ao estar enmohecido presenta manchas de cor branca, verde, amarelo, negro e outras cores, zonas borrosas ou filamentosas e desprende o típico olor a mofo.

Para poder reproducirse, o mofo produce esporas, as cales se propagan a través do aire, a auga ou a través de insectos. Estas esporas actúan como sementes e poden propiciar un novo crecemento de mofo, se as condicións son apropiadas.

Moitas caras de desagrado víronse durante este proceso.










sábado, 5 de noviembre de 2022

O SAMAÍN

 Neste día celebramos "O Samaín" que é unha festa na que os celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Unha data que coincidía co final da tempada de cosecha e se daba comezo a un novo ciclo.

O celebramos participando na mostra de manualidades relacionadas coa festividade e que foron elaboradas con materiais reciclables, participamos no "Túnel do terror" e no desfile co resto do alumnado do colexio.

Foi un dia moi divertido!









O COÑECEMENTO DA CÉLULA

Neste 1º tema de C. Naturais, estivemos traballando a célula e os distintos tipos que hai. 

Para o seu correcto entendemento, os alumnos/as de 5º fixeron unhas maquetas dos distintos tipos de células estudadas e, como podedes ver nas fotografías, as súas reproducións son estupendas.

Posteriormente, cada alumno/a explicou ao resto a composición da célula na cal traballou,, así como cal foi o proceso de realización do seu traballo e que material empregaron nas súas creacións.

Fixeron un traballo impresionante!









jueves, 30 de septiembre de 2021

BENVIDOS A 5º de Educación Primaria

 

Este ano vai ser  moi emocionante  e trataremos de  aprender un montón de cousas. Para comezar, lembramos xuntos as normas da clase e algúns consellos que non están demáis!